fbpx

Átomos · Academia en Cambre

01

Somos unha familia

Estamos atentos ás problemáticas do alumnado. Gústanos pensar que somos unha familia que estuda xunta

02

Un apoio emocional

Non só buscamos un aprobado. Escoitamos as súas preocupacións e apoiamos emocionalmente.

03

O reforzo positivo

Suspender non é só cuestión de estudar. Tamén de organización, control dos nervios, reforzo positivo…

Pablo Giménez

Estudou enxeñaría de Camiños, canles e portos, pero rapidamente descubriu que o que realmente lle gustaba era a programación, a impresión 3D, desfrutar explicando cousas á rapazada e o tenis.

Cambiou os exercicios teóricos aburridos polo dinamismo e a diversión das clases que imparte, que ás veces inclúen raquetas.

"En Átomos somos unha familia, así que nada de chamarme profesor ou douvos un raquetazo"

Antía Yáñez

Ten un papeliño que di que é Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, pero nunca exerceu. O que fixo sempre foi ler, ler moito, e cando se decatou de que os mundos dos demais non remataban de convencela, converteuse en escritora

Ten numerosos premios de microrrelato, relato e novela e 5 libros publicados (O misterio de Portomarín, O misterio do torque de Burela, Senlleiras, A reconquista e Be Water). 

Gústalle desmontar roles e mitos, como que as ciencias e as letras son incompatibles.

"Ler e escribir permítenme ser o que xamais sería na realidade. Se non podo matar xente nin nos libros, que me queda?"

Pablo López

En Átomos amamos aos Pablos. Este en particular dedica o seu tempo á área de I+D+I da empresa, enfocada ás novas tecnoloxías.

Ás veces trae algún dos seus deseños e ideas ás sesións dos xoves de Robótica e impresión 3D, facendo que a tarde sexa aínda máis divertida que de costume.

"Onde está o soldador?"

Que din de nós?

Contacta connosco