O Fermion (KIT)

O noso primeiro fillo. Deseñado, fabricado, redebuxado e requeteprobado en Galicia.

39,00 

Esgotado

5/5
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Identificador: fermion-gl Categoría:

Descripción

As pilas activan un motor que xera movemento para que o noso Fermion descubra mundo.

Nado en 2020 tras case dous anos de traballo do equipo de desenvolvemento de Atomos. Somos 2 persoas, pero se lle chamamos equipo de desenvolvemento parece que somos 100.

Por que Fermion?

Os fermións * poden agruparse para formar estruturas máis complexas. Isto terá moito máis sentido para ti cando saquemos o seguinte becho. Tamén vai molar, pero relaxa, que non somos os máis rápidos da galaxia.

Non vai molar máis que un Fermion, pero vai molar parecido. Queres comezar nisto de ter o teu propio exército robot co noso primeiro orgullo?

(*) Os fermións son as partículas que constitúen a materia e divídense en dous grupos: hadróns (quarks) e leptóns en función de se sofren ou non, respectivamente, a interacción nuclear forte.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O Fermion (KIT)”