Descripción
Fernando Simón acompañounos a través das nosas pantallas durante o confinamiento e a desescalada. Como o botamos de menos, creamos unha versión en miniatura aínda máis adorable, con améndoa en cada man incluída para lembrar os seu mellores momentos.
Durante a crise do coronavirus, empresas e autónomos dedicaron os seus esforzos e impresoras 3D a fabricar equipos de protección de xeito desinteresado. En Átomos involucrámonos na impresión de EPIs día e noite.
En lembranza destes momentos, imprimimos en resina a miniatura do noso epidemiólogo favorito e en PLA a peana.
O polímero usado na miniatura é unha resina de máxima calidade. Segundo o stock pode ser PRUSA Tough Resin ou MonoCure3D SLA Resin.
O filamento da peana é máis variable, pero o máis probable é que se imprima con filamento de SmartMaterials ou Fillamentum.
Temos 12 impresoras 3D de moitas clases, desde impresoras delta para imprimir a alta velocidade, pasando por multimaterial FDM a impresoras de alta resolución SLA (resina). Son as ferramentas que usamos para que poidades levar á casa un produto de tanta calidade.
Todo fabricado e procesado na casa. Coñecemos o nome de todos os nosos proveedores: Marc, o noso técnico de confianza de Prusa Research; Martí, que nos vende os blisters; Noemí, o filamento; Santi, que nos fai as pegatas. Desde Átomos fabricamos, procesamos e envasamos as pezas. Todo proveedores da máxima proximidade posible, porque queremos pagar impostos preto da casa. Aínda se fabrican cousas. E como mínimo, tan ben coma os mellores.
O deseño da miniatura é de Nacho López, co que colaboramos. Pronto teremos máis deseños seus na tenda.
Seguindo as indicacións do doctor Simón, unha parte dos beneficios obtidos pola venda da figura serán doados a unha ONG. Eleximos ESF (Enxeñería Sen Fronteiras), onde os socios fundadores de Átomos se coñeceron.
Guille –
Figura con mucha calidad de impresión y de el tamaño perfecto 🙂