Para que non serven as matemáticas?

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on telegram
Telegram
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Recibimos moitas preguntas sobre como facemos para fabricar tantas pantallas por día. É certo que un dos segredos é ter moitas máquinas, pero outro son as matemáticas.

O nozzle habitual é de 0,4 mm. O que vén coa impresora que tes ou a que estás pensando en comprar.

O burato é circular, así que a sección que ten é de π · 0,2 ².

Se facemos os cálculos volumétricos para unha liña, serían π · 0,2 ² · 0,25 mm, a máxima altura de capa segura. Esta podería incrementarse, pero aumentarían moito os potenciais erros de impresión.

Nós decidimos cambiar os nozzles das impresoras rápidas a 0,6 mm. Que aumento de velocidade supón isto?

Vouche dar un momento (tic, tac, tic, tac…)

Agora que pensarías que é un 50% máis rápido, vamos facer o noso, que son as mates:

o volume novo sería de π · 0,3² · 0,4, é dicir, a nova altura de capa segura. Isto dá un volume de impresión por movemento de (0,3² · 0,4 · pi) / (0,2 ² · 0,25 · pi) = aprox. 3,6 veces máis rápido.

E agora xa o sabes ti tamén.

E esa non é a única vantaxe. Atáscase moito menos e, se o fai, é moito máis probable que se solucione sen ter que cambiar a punta, que se é de aceiro non che vai gustar moito ter que pagar unha nova.

Se queres desatascar a máquina, compras unhas cantas agullas que sirvan para o diámetro do teu nozzle e listo. Aquí podes ver as que usamos nós:

Pois xa está, non? Vou meter un nozzle de 1 mm e a fundir, que nin é xerundio. Pero agarda un momento: se o nozzle é máis grande, tamén se ‘baba’ máis. Isto fai que axustar as retraccións sexa un pouco máis complicado. De 0,4 a 0,6 xa se nota a diferenza, pero vas ser quen de xestionalo.

Se non sabes como, noutras entradas ensinarémosche a facelo rápido, pero xa verías por Youtube que é un tema de baixar temperatura e subir distancia e velocidade de retracción. Ese é o trío dos fiíños, do que falaremos outro día.

Outro inconveniente é que o detalle é máis baixo, pero hoxe só estamos falando de velocidade. E para impresións con mellor detalle non imos poñernos a imprimir con plástico, que non é a tecnoloxía. Temos 3 impresoras de resina para cando a ocasión o requira 🙂

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on telegram
Telegram
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Artigos relacionados

Subscríbete ao blog

De conformidade co que establece a lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite ao subscribirse á nosa Newsletter serán tratados por ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ, coa finalidade de enviarlle información relativa ás actividades publicitarias e/ou promocionais e información xeral da entidade. Para máis información consultar a política de privacidade

6 comentarios en “Para que non serven as matemáticas?”

  1. I like the valuable info you provide in your articles. I’ll bookmark your blog and check again here regularly. I am quite certain I’ll learn plenty of new stuff right here! Good luck for the next! Damaris Darnell Pravit

    Responder

Deixa un comentario