Aprender e desfrutar no proceso non son sucesos incompatibles. Pretendemos axudar ao alumnado a acadar os obxectivos do currículo escolar, pero tamén queremos que se divirtan no proceso, que aprendan nun ambiente agradable, próximo e dinámico.
Acompañarémolos ao longo do seu curso, favorecendo a súa motivación co reforzo positivo dos resultados acadados e quitándolles o medo a preguntar.
Porque en Átomos somos unha familia. Como conseguimos isto?
CURSO | €/mes |
---|---|
ESO | 54,9 |
Bacharelato | 64,9 |
Adultos/as, exames ESA/FP e Universidade | 84,9 |
Servizo no que se paga o mesmo cada mes independentemente do tempo que veña o rapaz ou rapaza, dentro do horario de apertura (de luns a xoves, de 16 a 19. Domingos SOS incluídos na tarifa). Dirixido ao alumnado que só necesite resolver dúbidas e un acompañamento á hora de estudar e/ou facer os deberes. Para todas as materias.
Servizo dirixido a aqueles rapaces e rapazas que necesiten un seguimento máis pormenorizado, afondando nas materias que máis lles custen e explicando todo desde cero se así fose o caso.
Para iso, é necesaria unha atención máis personalizada, polo que o grupo reducido será de máximo 4 alumnos/as por profesor/a. O horario pódese distribuír como o cliente queira, sempre que haxa prazas.
Domingos SOS incluídos.
CURSO | 4h/sem | 3h/sem | 2h/sem |
---|---|---|---|
€/mes | €/mes | €/mes | |
Primaria | 64,9 | 49,9 | 39,9 |
ESO | 74,9 | 59,9 | 45,9 |
Bacharelato | 89,9 | 69,9 | 49,9 |
Adultos/as, exames ESA/FP e Universidade | 94,9 | 74,9 | 54,9 |
Átomos non abre os venres porque os venres son o inicio da fin de semana e xa sabemos que estamos a outras cousas. Iso non significa, claro, que non fagamos nada durante 3 días.
O que pretendemos é promover a autonomía do alumnado, deixándolle un prazo para que estude e faga os deberes pola súa conta.
Se non é quen, ou lle xorden dúbidas, ou incluso se ten un exame o luns e quere darlle un último repaso, habilitamos un horario o domingo, de 18 a 20 horas, para que acudan baixo demanda (avisando antes das 12 da mañá do mesmo día por medio dun Whatsapp ao número 687620849).
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe as cookies que garanten as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice especificamente para recoller datos persoais do usuario a través de análise, anuncios, outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.